Antes do século XIII a información dispoñible é moi escasa. O pouco que sabemos procede de testemuños de pintura e escultura e de referencias en literatura.
BAILE:
Sabemos que en tempos dos trobadores entre as distintas clases de cancións estaba a canción para bailar ou CAROLA, unha canción para acompañar dunha danza, que parece ser tivo dous formas: a BRANLE (danza en roda) e a FARANDOLA (danza en liña).
O século XIV, ten moi poucas referencias documentais sobre a danza, aínda que como recolle Boccaccio, no seu Decameron, os mozos bailaban dúas veces ao día despois das comidas, pero sen referencia ao tipo de bailes.
Co século XV entramos nun período do que temos constancia documental sobre a forma de danza e de como se bailaban. Son as chamadas BASSE DANSES de Nancy de 1445, as de CERVERA en Lleida e o coñecido como "LIBRO DE BASSE DANSE DE MARGARIDA DE AUSTRIA" da Biblioteca Real de Bruxelas. En teoría a BASSE DANSE contén só catro tipos de pasos distintos: un par de simples, un número impar de dobres, un número impar de reprises e un paso chamado branle (unha media).
O "Grupo de Baile Donas sen Cabaleiros", composto aproximadamente por 50 voluntarias mostran aos visitantes na Praza Maior os modos de baile da época medieval.
CETRERIA:
Todos os textos medievais que tratan a educación de cabaleiros, nobres e príncipes, falan do importante papel que xugo a arte de adestrar aves de presa para a caza aos longo da historia, sendo os falcóns e azores os máis apreciados polos nobres. Segundo conta no seu libro "Libro dos estados" o príncipe Juan Manuel, a cetraría era considerada tan importante como as leccións de gramática.
HOXE, VENRES 27 DE AGOSTO, HABERA:
- APERTURA DO MERCADO ARTESANAL AS 18:30. NA ALAMEDA
- 21:30 .-PROCESIÓN DA CRUZ VERDE
- 22:15 .-AUTO DE FE.
- 23:00 .-AQUELARRE.
- E AS 12 DE NOITE: GRAN ESPECTACULO PIROMUSICAL NA FACHADA DO CASTELO.
E o sábado, día 28 de agosto de 2010, A XXII EDICIÓN DA FESTA DA ISTORIA
ESE DÍA ASISTE VESTIDO DE ÉPOCA E ASÍ PODERÁS VIVIR A FESTA DUNHA MANEIRA ESPECIAL. MERECE A PENA!!